Inicio > Áreas > Familia e infancia > Familias numerosas > Carné Familiar Galego

Carné Familiar Galego

O carné familiar é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición dos membros das familias numerosas que lles permite obter vantaxes ou descontos nos establecementos colaboradores neste programa.

Quen se pode beneficiar deste carné?

Pódese beneficiar deste carné calquera membro dunha familia numerosa de Galicia que, cumprindo os requisitos necesarios para estar incluídos dentro do título oficial de familia numerosa, soliciten a expedición do carné familiar. 

Requisitos

  • Formar parte dunha familia numerosa.
  • Cubrir o impreso de solicitude do Carné familiar.

Dereitos e obrigas dos titulares

Os titulares do carné familiar terán dereito a:

  • Beneficiarse das vantaxes e descontos das entidades que colaboran.
  • Un exemplar da Guía de Recursos e Servizos por unidade familiar, que se entregará de balde.

Cómpre salientar que calquera titular do carné familiar deberá identificarse, se a entidade colaboradora o solicita, mediante a presentación do DNI e, no caso dos menores, co título de familia numerosa ou fotocopia compulsada deste.

Entidades colaboradoras

Pode consultar o listado de entidades colaboradoras do Carné familiar nos seguintes enlaces:

Estas entidades achegarán beneficios ou descontos aos posuidores do carné. Deben ter un adhesivo identificador colocado nun lugar visible para dar a coñecer a súa colaboración co programa. As vantaxes son determinadas por cada establecemento e non son acumulables a outras ofertas, rebaixas, promocións, etc.

Como o solicito?

Tanto para solicitar o Carné familiar como para renovalo debe cumplimentar o respectivo formulario e envialo escaneado por correo electrónico a carnefamiliargalego@xunta.gal

Se ten algunha dúbida ou suxestión pode chamar ao teléfono 981 957 027.

Validez

O Carné familiar ten a mesma vixencia que o título de familia numerosa.

Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados para a expedición e envío do Carné familiar galego serán tratados pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de facilitar ás persoas interesadas a posibilidade de beneficiarse dos descontos e outras vantaxes ofertados polas entidades adheridas a este programa. A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento (Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas; Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia).

Os datos poderán ser comunicados á entidade financeira colaboradora na expedición e envío do carné familiar galego na súa condición de encargado do tratamento. Así mesmo, cando as vantaxes ofertadas polas entidades adheridas ao Programa Carné Familiar consistan no envío de cheques de desconto a domicilio, no caso de que as persoas interesadas fagan uso voluntariamente do carné no momento de realizar as súas compras, a Consellería de Política Social e Xuventude remitirá ás devanditas entidades adheridas os seguintes datos: número do título de familia numerosa, enderezo familiar e nome e apelidos do titular do carné, aos efectos de posibilitar o envío dos cheques así obtidos.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación,  limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co delegado/a de protección de datos e máis información en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.