Inicio > Áreas > Maiores e dependencia > Bonos para persoas con dependencia

Bonos para persoas con dependencia

Galicia é a primeira e única Comunidade Autónoma en universalizar os coidados para as persoas con dependencia a través de dúas axudas que chegarán no ano 2024 a máis de 30.000 maiores, persoas con discapacidade e tamén, por suposto, a todas as súas familias.

Estas axudas teñen caracter universal e non dependen do grao de dependencia ou da renda, son para todos por igual.

  BONO COIDADO NO FOGAR   

Unha axuda directa de 5.000 € ao ano para o coidado da persoa con dependencia na casa.

  BONO COIDADO EN RESIDENCIA   

Unha axuda adicional de 1.200 € ao ano para contribuír ao pago dunha praza na residencia que elixa o maior.