Bono coidado no fogar

  BONO COIDADO NO FOGAR   

A Xunta facilita unha axuda de 5.000 € ao ano (416€/mes) para o coidado da persoa con dependencia na casa, sexa cal sexa o nivel de renda, sexa cal sexa o grao de dependencia: para todos por igual. 

O Bono coidado no fogar trátase dunha axuda directa que permite ás persoas en situación de dependencia (maiores e persoas con discapacidade con situación de dependencia recoñecida) permanecer na súa contorna ao coidado dun familiar, veciño ou profesional. 

  • Sen trámites: Se actualmente a persoa con dependencia xa recibe unha axuda de coidados no fogar (tamén coñecida como libranza na contorna familiar): non será necesario ningún trámite, o ingreso actualizarase segundo o novo importe.
  • Se a persoa recibe outra axuda ou servizo por dependente e quere agora o Bono coidado no fogar: Se xa está a recibir un servizo por persoa dependente debe acudir aos servizos sociais de referencia, sexa no Concello ou no centro de saúde, para solicitar o cambio para o Bono coidado no fogar.
  • Se a persoa non recibe ningunha axuda: o primeiro paso ante unha potencial situación de dependencia é acudir aos servicios sociais do Concello ou do centro de saúde para que inicien o proceso de valoración. Cando este se resolva, será o equipo profesional o que determine o recurso que máis se adapte ás súas necesidades de coidado, sexa este bono ou calquera outra axuda autonómica. 

Contacto para máis información:

No caso de que lle fora preciso máis información sobre esta axuda da Xunta de Galicia, pode vostede preguntar no seguinte correo: sxdependencia@xunta.gal ou pode acudir aos servizos sociais do Concello ou do centro de saúde para que o informen.