Inicio > Áreas > Inclusion Social > Servizos sociais comunitarios > Subvencións a corporacións locais

Subvencións a corporacións locais

A través desta convocatoria de subvencións dáse apoio económico para a construción, reforma, e equipamento de centros de inclusión e emerxencia social das corporacións locais, así como para o desenvolvemento de programas de inclusión sociolaboral polos servizos sociais de titularidade municipal que teñan por finalidade a inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral.

Xunto os programas dirixidos á poboación xeral, tamén se subvencionan os programas de inclusión social e laboral de carácter específico dirixidos á comunidade xitana e á poboación inmigrante residente en Galicia.