O teléfono da infancia
O teléfono da infancia é útil para as nenas e nenas que sufriron malos tratos. Elas e eles poden pedir axuda e denunciar a súa situación a través deste teléfono. As mozas e mozos que queiran falar sobre os seus problemas tamén poden chamar a el.
Quen saiba e quen sospeite que unha nena ou neno está a ser maltratado tamén pode chamar a este teléfono. Se a nena ou o neno non están atendidos correctamente, tamén debemos chamar.
Chamar a este teléfono é gratis. Podes chamar en calquera momento das 24 horas do día. O número de teléfono é o 116 111. Unha persoa experta en atender a nenos e nenas estará sempre ao teléfono. Esta persoa profesional axudaralles e aconsellará para superar a situación que padecen.
Se es un neno, nena ou adolescente, lembra:
- Non permitas que ninguén che golpee.
- Non aceptes invitacións a participar en actividades sexuais.
- Non deixes que ningunha persoa, da familia ou allea, teña por norma desprazarche ou insultarche.
- Tes dereito a ir á escola e ninguén pode obrigarche a traballar como un adulto.
Ninguén ten dereito a maltratar a un neno ou a unha nena. Non permitas que a ti che pase. Chama ao teléfono 116 111 se o necesitas. Unha persoa axudarache a defender os teus dereitos.