Inicio > Recursos > MATIASS

MATIASS

Presta información sobre prestacións e recursos sociais, soportes documentais, pautas e metodoloxía de Traballo Social, convocatorias de axudas nas diferentes áreas de actuación, solicitudes, exemplos prácticos, formación, lexislación, así como direccións de interese, enlaces con internet, novidades etc.

Ao mesmo tempo serve como instrumento para profesionais do Traballo Social operativo e axustado á realidade unificando criterios de actuación dos/das traballadores/as sociais atendendo aos criterios da lexislación vixente.

Non só é unha guía de recursos que axiliza o acceso á informacións sobre Servizos Sociais, senón que tamén lle facilita á/ao profesional a tarefa de tramitación e xestión de recursos sociais, constituíndo unha ferramenta de traballo adaptada ás necesidades do/da profesional e actualizada diariamente, propiciando así a calidade e eficacia na resposta ás persoas usuarias.

Requisitos de acceso

  • Profesionais con acceso ao aplicativo:
    1. Profesionais técnicas/os dos servizos sociais comunitarios
    2. Traballadoras/es sociais da administración autonómica (Servizos especializados, Sergas, Xustiza, etc.)
    3. Traballadoras/es sociais de entidades de iniciativa social inscritas debidamente como prestadoras de servizos sociais.
  • Dispoñer dun equipo informático axeitado para a utilización deste manual, sito na oficina do profesional.
  • Estes equipos informáticos terán conexión a rede internet ou intranet da Xunta.