Inicio > Áreas > Familia e infancia > Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA)

Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA)

 

La Xunta constituye el Consejo Autonómico de Infancia y Adolescencia - Xunta  de Galicia

O Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA) foi constituído oficialmente en Santiago de Compostela o 21 de abril de 2023. É un órgano colexiado consultivo e de participación, cuxo fin é articular a intervención dos nenos, nenas e adolescentes, facilitándolles un espazo para que expresen, propoñan ideas e tomen decisións no ámbito autonómico galego sobre aquelas cuestións que lle afecten directa ou indirectamente.

O obxectivo é contar cun órgano específico para a participación activa da infancia e adolescencia onde os nenos, nenas e adolescentes adquiran un protagonismo real, colaborativo e voluntario, fomentando o desenvolvemento das súas capacidades e a asunción de responsabilidades, para a promoción do diálogo entre o Consello e a Administración pública.

As vogalías

O Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia esta integrado por un grupo de 30 nenos, nenas e adolescentes con idades comprendidas entre 10 e 17 anos e permanecerán como membros durante dous anos, podendo renovar por outros dous, salvo que expresamente manifesten o contrario.

a) 15 en representación dos consellos locais de participación infantil que promove UNICEF

b) 10 procedentes do grupo de participación infantil e adolescente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.

c) 5 do Sistema de protección de menores da Xunta de Galicia.

Funcións dos/as vogais:

  1. Exercer de voceiros/as de todas as persoas menores de idade residentes en Galicia, diante da administración autonómica.
  2. Involucrarnos na toma de decisións que lle afecten, promovendo a participación.
  3. Recibir e escoitar todas aquelas demandas, propostas e queixas que nos fagan chegar outros nenos, nenas e adolescentes e canalizalas a través do Consello, exercendo de canle de comunicación entre as nenas e os nenos de Galicia e as autoridades, velando para que estas achegas sexan valoradas e tidas en conta á hora de facelas chegar ao Goberno autonómico.
  4. Solicitar información e ser consultado sobre as actuacións da Xunta de Galicia relativas a temas de interese para a infancia e a adolescencia. Os informes emitidos terán carácter facultativo e non vinculante.
  5. Realizar propostas aos organismos competentes en materia de infancia e adolescencia sobre cuestións que afectan nenos, nenas e adolescentes e para mellorar as súas condicións de vida. As propostas, en forma de recomendacións, recollerán a pluralidade dos/das participantes, tendo en conta a equidade, a diversidade e a perspectiva de xénero.
  6. Manter canles de comunicación directa co Observatorio Galego da Familia e da Infancia e coa Administración pública.
  7. Realizar o seguimento da execución das propostas recomendadas que fosen aprobadas pola Xunta de Galicia.
  8. Favorecer a visión positiva dos nenos, nenas e adolescentes e contribuír á sensibilización social cara á súa capacidade e os seus dereitos de cidadanía, en especial a súa participación democrática.
  9. Velar polo cumprimento da Convención sobre os Dereitos do Neno.
  10. Propoñer a realización de informes e estudos sobre materias relacionadas coa infancia e a adolescencia. Favorecer especialmente estudos de impacto das actuacións que se realicen a favor da participación infantil nos diversos ámbitos como da protección á infancia, da diversidade funcional, de xénero, entre outras do seu interese.
  11. Propoñer a realización de actividades, xornadas, seminarios e campañas que fagan visibles as achegas de nenos, nenas e adolescentes na sociedade.
  12. Participar na elaboración, seguimento e avaliación das políticas públicas promovidas pola Xunta de Galicia dirixidas á infancia e a adolescencia e noutras que a poidan afectar.
  13. Reflexionar sobre os mecanismos de participación ao alcance dos nenos e nenas e propoñer os cambios e melloras pertinentes, se é necesario.
  14. Fomentar a aprendizaxe mutua entre os axentes que toman parte no proceso de participación.
 
CONTACTO: Para maior información, dirixirse ao correo electrónico: caia@xunta.gal
Adxuntos