Inicio > Áreas > Familia e infancia > Escolas infantís 0-3 > Listaxes de admitidos curso 2023/2024

Listaxes de admitidos curso 2023/2024

A Xunta de Galicia publica as listaxes provisionais de nenos e nenas admitidos nas escolas infantís da rede pública autonómica, isto é, aquelas pertencentes á Axencia Galega de Servizos Sociais e as do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, tamén coñecidas como Galiñas azuis. 

Nesta páxina poderás encontrar as listaxes por escola.

Listaxes definitivos de admitidos dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais 

Listaxes definitivos do alumnado admitido nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais (AGASS) para o curso 2023/2024. 

Resolución do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso  2023/2024 (códigos de procedemento BS402A e BS402F).
RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico para o curso 2023/2024 (código do procedemento BS402B).
As persoas que obteñan praza dispoñerán de 10 días hábiles para matricularse, do 1 ao 14 de xuño.
O impreso de matrícula debidamente cuberto xunto coa copia da cartilla de vacinación do neno ou nena, poden presentalo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtivesen dita praza.
 
Listaxes das Galiñas azuis do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Se solicitaches praza nalgunha escola infantil da rede "Galiña azul" do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, aquí podes ver as listaxes definitivas.

Como formalizo a matrícula se meu fillo/a foi admitido?

As persoas que obteñan praza disporán de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da ista definitiva de admitidos (31 de maio), para presentar o impreso de matrícula debidamente cuberto xunto coa copia da cartilla de vacinación do neno ou nena a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou no centro onde obtivesen a dita praza. Polo tanto, ata o 14 de xuño estará aberto o procedemento de matriculación.

No caso de que fora notificado que se lle concedera unha praza fora deste prazo ordinario (porque hai prazas vacantes), tamén disporá de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión da praza, para a realización deste trámite.

O cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación, así como a formalización da matrícula no prazo sinalado son imprescindibles para confirmar a praza, en caso contrario a persoa interesada decaerá da súa solicitude.

Os impresos de matrícula, que tamén se facilitarán nos propios centros, son os seguintes: