Recoñecemento do grao de discapacidade
Solicitude de recoñecemento do grao de discapacidade
Certificado do grao de discapacidade
Trátase do documento que acredita a discapacidade das persoas.
Está dirixido a persoas de calquera idade, con deficiencias permanentes non recuperables. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria.
Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
Se alcanzan unha porcentaxe igual ou superior ao 33% poden acceder a unha serie de beneficios: fiscais, laborais, económicos, educativos, sociais, entre outros.
Lugar de presentación de solicitudes
Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.
No caso de facelo de xeito presencial, pode facerse nas seguintes localizacións:
- Rexistro do concello ao que correspondan os servizos sociais do domicilio da persoa solicitante.
- Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
- En calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Equipos de valoración e orientación (EVO)
Son equipos multidisciplinares compostos por persoal con perfil de médico, de psicólogo e de traballador social que realizan as actuacións destinadas á valoración e cualificación da discapacidade, así como de orientación para a habilitación, rehabilitación e medidas destinadas a mellorar a vida das persoas con discapaidade.
Localizacións dos equipos de valoración:
Localidade |
Enderezo |
Teléfonos |
Fax |
---|---|---|---|
A Coruña |
Edificio administrativo de Monelos. R/ Vicente Ferrer, 2. 15008 |
981 182 501 981 182 502 981 182 503 |
981 182 525 |
Santiago |
R/ Queixume dos Pinos nº2, Edificio CEGADI 15705 |
881 999 236 |
881 999 222 |
Ferrol |
Edificio administrativo. Praza Camilo José Cela, s/n. 154 |
981 337 232 981 337 234 981 337 235 |
981 337 238 |
Lugo |
Rúa Serra dos Ancares, 68 baixo. 27003 |
982 889 145 982 889 133 |
982 889 163 |
Ourense |
Rúa Sáenz Díez, 33. 32003 |
988 386 157 988 386 158 988 386 160 988 386 161 |
988 386 159 |
Pontevedra |
Avenida de Vigo, 16. 36003 |
986 844 740 |
986 863 025 |
Vigo |
Rúa Faisán,12 - 36205 |
886 120 710
|
886 120 733 |
VÍDEOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA.
CUESTIONARIO
“Este cuestionario ten carácter voluntario, non é obrigatoria a súa presentación pero si recomendable. O obxectivo é coñecer e recoller a opinión do propio interesado sobre as dificultades concretas que presenta á hora de realizar as actividades cotiás da súa vida diaria e na súa contorna habitual. Debe presentalo cumprimentado o día da cita da valoración e será recollido polo técnico respectivo”