Bono coidado en residencia

  BONO COIDADO EN RESIDENCIA   

A Xunta facilita 1.200 € ao ano adicionais para contribuír ao pago dunha praza na residencia que elixa o maior. Sexa cal sexa o nivel de renda, sexa cal sexa o grao de dependencia: para todos por igual.

Trátase dunha axuda directa que incrementa o importe que actualmente reciben xa os maiores para facer fronte aos gastos que supón unha praza nun centro de iniciativa privada.  

En Galicia benefícianse desta prestación máis de 7.600 persoas. A partir de 2024, a axuda adicional de 1.200 € anuais (100 € mensuais) sumarase por igual para todos, independentemente do seu grao de dependencia ou capacidade económica.

  • Sen trámites: se a persoa dependente xa recibe un Bono Residencia na actualidade, non será necesario ningún trámite. O ingreso actualizarse segundo o novo importe desde xaneiro de 2024.
  • Se o maior non recibe ningunha axuda: o primeiro paso ante unha potencial situación de dependencia é acudir aos servicios sociais do concello para que inicien o proceso de valoración. Cando este se resolva, será o equipo profesional o que determine o recurso que máis se adapte ás súas necesidades de coidado, sexa este bono ou calquera outra axuda autonómica. 


Contacto para máis información:

sxdependencia@xunta.gal