Protección da infancia
Teléfono da Infancia: 900 333 666
O teléfono da infancia é un servizo para todos os nenos e nenas que nalgún momento se sintan maltratados por outra persoa, sexa descoñecido, veciño, familiar ou amigo.
Tamén poden chamar todas aquelas persoas que saiban ou sospeiten que algún neno ou nena pode estar a ser maltratado ou que non está a ser correctamente atendido.
É unha liña gratuíta que funciona durante todo o ano, as 24 horas do día, e o seu número é o 900 333 666. Neste teléfono atoparase sempre un profesional á disposición dos nenos e nenas que se sintan maltratados, que buscarán a mellor solución para cada caso.
Se es un neno, nena ou adolescente, lembra:
- Non permitas que ninguén te golpee.
- Non aceptes invitacións a participar en actividades sexuais.
- Non deixes que ningunha persoa, da familia ou allea, teña por norma desprazarte ou insultarte.
- Tes dereito a ir á escola e ninguén pode obrigarte a traballar coma un adulto.
- Non hai persoa no mundo que teña dereito a maltratar a un neno. Non permitas que a ti che pase. Lembra que no 900 333 666 hai a todas as horas un profesional que está da túa parte porque tes dereito.