Conselleria de Traballo e Benestar

Inicio > Portada > Temas > Discapacidade > Dependencia > Servizo Galego de Atención é Dependencia

Definición e obxectivos

1. Descrición da área de actuación

O Sistema para a Promoción da Autonomía Persoal e Atención á Dependencia, en aplicación da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 299, do 15.12.2006) pretende configurar un novo desenvolvemento dos servizos sociais que complemente a acción protectora e poida dar resposta ás necesidades de atención das persoas en situación de dependencia.

O proceso de valoración da dependencia e a elaboración do programa individual de atención, recollido no Decreto 15/2010, do 4 de febreiro (DOG nº 34, do 19.02.2010) e na Orde do 2 de xaneiro de 2012 (DOG nº 9, do 13.01.2012), comprende todas as actuacións relativas ao procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema, a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, así como outras actividades complementarias, tales como o apoio e supervisión das valoracións, depuración de datos, coordinación dos equipos de valoración, etc.

2. Estrutura orgánica e unidades implicadas no desenvolvemento da Lei 39/2006, do 14 de decembro (BOE nº 299, do 15.12.2006), en Galicia. Deseño do proceso de valoración da situación de dependencia na nosa comunidade.

A través do Decreto 109/2012, do 22 de marzo (DOG nº 73, do 17 de abril), establécese a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, dentro da cal se incardina a Secretaría Xeral de Política Social. Dentro da súa estrutura conta, entre outras, con tres subdireccións xerais que foron creadas coa filosofía e espírito da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 299, do 15.12.2006). No que afecta ao procedemento de recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema, correspóndelle á  Subdirección Xeral da Dependencia, a través do Servizo de Atención á Dependencia e a Unidade de Coordinación da Dependencia, a coordinación e apoio ás xefaturas territoriais nos procedementos de acceso ao recoñecemento de grao e nivel de dependencia en coordinación co sistema de servizos sociais establecido na Lei13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e asegurar a elaboración dos correspondentes programas individuais de atención.

Asemade, no Decreto de estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, créanse os Servizos da Dependencia e Autonomía Persoal, dependentes das Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, encargados da xestión do procedemento de acceso ao recoñecemento de grao e nivel de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema e no que se encadran os órganos de valoración e asesoramento da dependencia.

3. A estrutura dos equipos de valoración de dependencia: composición e funcionamento

Existen sete órganos de valoración da dependencia, dependentes das catro xefaturas territoriais, emprazados nas sete grandes cidades galegas e constituídos de conformidade coas previsións contidas nos artigos 27, 28 e demais concordancias da Lei 39/2006, e en aplicación do baremo aprobado mediante o Real decreto 174/2011, do 11 de febreiro  (BOE nº 42, do 18 de febreiro), e outros acordos do Consello Territorial en relación coa composición e actuación, no que se refire a criterios básicos do procedemento de valoración e das súas características.

De conformidade co regulado na Lei 39/2006 (BOE nº 299, do 15 de decembro) e o Decreto 15/2010  do 4 de febreiro (DOG nº 34, do 19 de febreiro), polo que se regula o procedemento para o recoñecemento das situacións de dependencia, a Comunidade Autónoma de Galicia determinou os órganos de valoración e asesoramento da dependencia constituídos por profesionais con perfil social e sanitario, e compostos como mínimo por un médico/a, un psicólogo/a, un traballador/a social e, de ser o caso, un terapeuta ocupacional, que presten o seu servizo na Administración autonómica. Estes profesionais, que conforman o órgano de valoración para acceso ao Sistema para Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD), emiten os ditames proposta do grao e nivel de dependencia e do plan individual de atención.

Funcións dos técnicos de valoración da dependencia:

Os profesionais técnicos de valoración da dependencia, con perfil social e sanitario, dependen funcionalmente do Órgano de valoración da dependencia e organicamente da xefatura territorial da consellería e realizan  as seguintes funcións:

  • Aplicar os baremos para a valoración da dependencia establecidos normativamente.
  • Examinar a situación socioeconómica de acordo co informe social e o resto da documentación relativa ao contorno no que vive o solicitante, e no seu caso, a  súa elaboración.
  • Darlle traslado ao Órgano de Valoración e Asesoramento da Dependencia da necesidade de solicitar informes e/ou probas complementarias necesarias para cumprimentar a valoración, así como da existencia de causas no expediente que requiran da súa valoración para determinar o carácter de emerxencia.
  • A análise da modalidade de recurso que, dentro do catálogo de servizos e prestacións, mellor se adecúe ás necesidades do solicitante.
  • Orientar e asesorar os usuarios do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.

Coordinación e planificación técnica do SIGAD

(Subdirección Xeral da Dependencia)

sigad

Contacto
  • Télefono social (gratuito): 900 333 666

 

discapacidade