Conselleria de Traballo e Benestar

Inicio > Portada > Temas > Inclusión > Prestacións > Renda de integración social de Galicia

PRESTACIÓNS

Renda de integración social de Galicia (RISGA)

É unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción que, partindo das necesidades e características de cada caso, procure a autonomía persoal, familiar e económica do beneficiario, e acade a súa integración social e/ou laboral. En todo caso, deseñarase con rigorosos criterios de programación, determinando obxectivos, prazos medios e actividades que permitan a avaliación dos efectos reais da súa aplicación.

Requisitos de acceso

Estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, cando menos durante o ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude.

Quedan eximidas do cumprimento deste requisito dun ano:

  • aquelas persoas que, procedentes doutras comunidades autónomas do Estado español, sexan beneficiarias do salario social na Comunidade Autónoma da que proceden, sempre que na lexislación desa comunidade se recolla a reciprocidade
  • as vítimas de violencia doméstica que cambian o seu domicilio por motivos de seguridade
  • as persoas emigrantes galegas retornadas, cando fixen a súa residencia en Galicia e aquelas persoas nacidas en Galicia que residindo noutras comunidades autónomas volvan fixar a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma galega

Os cidadáns e as cidadás de estados non membros da Unión Europea precisarán, ademais, acreditar a residencia legal en España no momento da solicitude.

Ter constituída unha unidade de convivencia independente, vinculada económicamente á persoa solicitante

Ter unha idade comprendida entre os 25 e os 65 anos

Non obstante, tamén poderán ser beneficiarias:

  • Persoas menores de 25 anos , que, reunindo o resto dos requisitos, teñan menores ao seu cargo
  • Persoas maiores de 18 anos que, tendo recoñecida a condición de minusválidos, non teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza
  • Persoas maiores de 18 anos que, antes de acadaren a maioría de idade, estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas en centros de protección de menores ou en acollemento familiar
  • As persoas maiores de 18 anos en situación de orfandade absoluta que, reunindo os demais requisitos, non teñan dereito a outras prestacións ou axudas de análoga natureza

Dispoñer de recursos económicos inferiores á contía da prestación económica da RISGA que lle corresponda

Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posiblidade real de prestar alimentos. A xuízo do órgano de resolución, poderase eximir deste requisito a aqueles solicitantes dos que se prevexa que a obriga de alimento non se poida facer efectiva por malos tratos, relacións familiares deterioradas ou inexistentes, das que exista constancia no expediente.

Documentos relacionados