Conselleria de Traballo e Benestar

Servizos en liña

MATIASS (Manual de traballo, información e asesoramento en servizos sociais)

Presta información sobre prestacións e recursos sociais, soportes documentais, pautas e metodoloxía de Traballo Social, convocatorias de axudas nas diferentes áreas de actuación, solicitudes, exemplos prácticos, formación, lexislación, así como direccións de interese, enlaces con internet, novidades etc.

Ao mesmo tempo serve como instrumento de Traballo Social operativo e axustado á realidade unificando criterios de actuación dos/das traballadores/as sociais atendendo aos criterios da lexislación vixente.

Non só é unha guía de recursos que axiliza o acceso á informacións sobre Servizos Sociais, senón que tamén lle facilita ao profesional a tarefa de tramitación e xestión de recursos sociais, constituíndo unha ferramenta de traballo adaptada ás necesidades do/da profesional e actualizada diariamente, propiciando así a calidade e eficacia na resposta aos usuarios.

Requisitos de acceso

  • Profesionais técnicos dos servizos sociais de atención primaria, de atención especializada e de entidades de iniciativa social inscritas como prestadoras de servizos sociais.
  • Dispoñer dun equipo informático axeitado para a utilización deste manual, sito na oficina do profesional.
  • Estes equipos informáticos terán conexión a rede internet ou intranet da Xunta.

No departamento de servizos sociais deberá haber un traballador social responsable da clave.