Conselleria de Traballo e Benestar

Inicio > Portada > Temas > Discapacidade > Recoñecemento do grao de discapacidade

RECOÑOCEMENTO DO GRAO DE DISCAPACIDADE

Solicitude de recoñecemento do grao de discapacidade

Recoñecemento da discapacidade


Certificado do grao de discapacidade

Trátase do documento que acredita a discapacidade das persoas.

Está dirixido a persoas de calquera idade, con deficiencias permanentes non recuperables. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria.

Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

Se alcanzan unha porcentaxe igual ou superior ao 33% poden acceder a unha serie de beneficios: fiscais, laborais, económicos, educativos, sociais, entre outros.

Normativa que actualiza o termo minusvalidez por discapacidade:

Real decreto 1856/2009, de 4 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e polo que se modifica o Real decreto 1971/1999, de 23 de decembro. BOE núm. 311, do 26.12.2009.

Lugar de presentación de solicitudes

Nos servizos sociais de atención primaria, nas seccións de cualificación e valoración de discapacidade, nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar ou por calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Equipos de valoración e orientación (EVO)

Son os equipos multidisciplinares compostos por: médico ou médica, psicólogo ou psicóloga e traballador ou traballadora social que realizan as actuacións específicas na área de diagnóstico, valoración e cualificación da discapacidade.

Están situados nas seccións de cualificación e valoración de discapacidade:

Localidade

Enderezo

Teléfonos

Fax

A Coruña

Edificio administrativo de Monelos.

R/ Vicente Ferrer, 2. 15008 15008
 

981 182 501

981 182 502

981 182 503

981 182 525

Santiago


Praza de Europa, 2º andar, 10 A Area Central. 15703 (antiga sede do Instituto Galego de Consumo)
 

881 999 236

881 999 222

Ferrol


Edificio administrativo.

Praza Camilo José Cela, s/n. 154

981 337 232

981 337 234

981 337 235

981 337 238

Lugo


Rúa Serra dos Ancares, 68 baixo.
27003

982 889 145

982 889 133

982 889 163

Ourense

 

Rúa Sáenz Díez, 33. 32003

988 386 157

988 386 158

988 386 160

988 386 161

988 386 159

Pontevedra


Avenida de Vigo, 16. 36003

986 844 740

986 863 025

Vigo


Rúa Conde de Torrecedeira, 99 baixo.
36202

986 294 836

986 294 229

986 299 000

 

discapacidade

 

Proxecto piloto de asistencia persoal

O nivel de satisfacción da persoas usuarias co proxecto é moi alto e en todos os casos supuxo un cambio moi signigficativo nas súas vidas.