"O cambio demográfico esixe que se fagan máis esforzos para que aqueles homes e mulleres que queren traballar e crear unha familia podan ter fillos sen ter por iso que sacrificar as súas carreiras, fomentando a igualdade de xénero e facilitando a conciliación entre actividade laboral, familia e vida privada, tendo en conta a participación equitativa dos pais na organización familiar".
O Plan Integral de Apoio ás Familias é unha proposta da Administración autonómica para implicar ao conxunto de institucións públicas e entidades civís nunha estratexia compartida de actuación de mellora da calidade de vida das familias galegas.