Conselleria de Traballo e Benestar

ORGANISMOS ADSCRITOS

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Logotipo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está integrado pola Xunta de Galicia e 272 concellos galegos. Ten como obxectivo o desenvolvemento dunha rede de servizos sociais homoxénea e calidade na comunidade autónoma a través da participación na dirección e xestión destes servizos no ámbito local.
Os equipamentos xestionados polo Consorcio son escolas infantís, centros de día e fogares residenciais para maiores dependentes ou en risco de dependencia.
Asimesmo, desenvolve o programa "Xantar na Casa", o programa "Quérote" de asesoramento afectivo-sexual a través de centros con ese mesmo nome, e, a través dos equipos multidisciplinares das Oficinas de Igualdade e Benestar (Oficinas I+B), leva a cabo actuacións para a promoción da igualdade, a inclusión de persoas e colectivos en risco de exclusión e de apoio á educación familiar. 

 

Portal do Consorcio

Ir ao portal do Consorcio

O portal do Consorcio ofréceche información institucional, a súa actualidade, anuncios, información das áreas de igualdade ou benestar e das oficinas i+B