Conselleria de Traballo e Benestar

Inicio > Portada > Temas > Familia > Familias numerosas > Carné Familiar

FAMILIAS NUMEROSAS

Carné familiar

O carné familiar é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición dos membros das familias numerosas coa que van obter vantaxes ou descontos nos establecementos colaboradores con este programa en Galicia.

Falta foto

Persoas beneficiarias

Calquera membro dunha familia numerosa de Galicia que, cumprindo os requisitos necesarios para estar incluídos dentro do título oficial de familia numerosa, soliciten a expedición do carné familiar. 

Requisitos

Cubrir o impreso de solicitude de tarxetas que atopará nas entidades encargadas da tramitación dos títulos de familia numerosa.

Validez

O carné ten unha vixencia igual que o título de familia numerosa.

Dereitos e obrigas das e dos titulares

As e os titulares do carné familiar terán dereito a:

  • Beneficiarse das vantaxes e beneficios establecidos polas entidades colaboradoras no Programa do carné familiar.
  • Un exemplar da Guía de Recursos e Servizos por unidade familiar, que se entregará de balde.
  • Facer reclamacións formais no caso de que algunha entidade colaboradora non levase a cabo as vantaxes ou descontos estipulados.

Calquera titular do carné familiar deberá identificarse, se a entidade colaboradora o solicita, mediante a presentación do DNI e, no caso dos menores, co título de familia numerosa ou fotocopia compulsada deste.

Entidades colaboradoras

Son persoas, empresas e entidades adheridas de xeito voluntario que acordan concederlles beneficios, ou calquera outro servizo, aos posuidores do carné familiar, non acumulables a outras ofertas, rebaixas, promocións, etc., sempre en función do que determine cada establecemento colaborador.

A súa condición de entidade colaboradora farase mediante un adhesivo identificador, que deberá colocar nun lugar visible.